HomesociedadeTenreira de balde para a veciñanza de Láncara

Tenreira de balde para a veciñanza de Láncara

Non podendo celebrar a Feira Degustación de Tenreira Galega deste ano, o concello decidiu achegar á casa dos lancaraos e lancarás un paquete de 2 quilos de carne para manter, de xeito simbólico, a lembranza deste festexo gastronómico anual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira Degustación de Tenreira Galega vense festexando no Concello de Láncara o 1 de maio, pero o ano pasado, que sería a XXII edición, non se puido celebrar por mor da pandemia da Covid-19.

E como a pandemia segue, non será posible celebrala tampouco este ano como tradicionalmente se viña facendo, con actos e actividades que concentran gran presenza de público.

Perante esta situación, o concello vén de facer un comunicado público a través dun bando no que manifestan que non queren deixar de celebrala “aínda que sexa dun xeito diferente”. Queren así “manter vivo o espírito da Feira” e de paso “promocionar e aumentar a demanda dun produto de calidade que está a sufrir numerosas perdas debido á escaseza de demanda por mor da pandemia”.

Con esta intención presentan unha iniciativa que consiste en agasallar aos lancaraos e lancarás cun paquete de 2 quilos de carne por casa que estará a disposición da veciñanza no Supermercado Plenus da Pobra de San Xiao entre os días 12 e 30 de abril.

Para poder recoller a carne de tenreira o concello enviou a cada casa un vale nominativo e numerado que poderá canxear segundo a quenda que lle corresponda; unha entrega escalonada por días e parroquias.

Retirada escalada do seguinte xeito:

Semana do 12 ao 17 de abril: Armea de Arriba, Bande, Carracedo, Cedrón, Galegos, Lagos, Lama, Láncara, Larín, Monseiro, Muro e Neira de Cabaleiros.

Semana do 19 ao 24 de abril: Oleiros, Pobra de San Xiao, Río e Ronfe.

Semana do 26 ao 30 de abril: Souto, Toirán, Toldaos, Touville, Trasliste, Vilaleo, Vilarello, Vilaesteva, Villambrán e Vilouzán.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...