HomesociedadeAchegamento ao viño "terroir" na Pobra do Brollón

Achegamento ao viño “terroir” na Pobra do Brollón

Este sábado, 17 de abril, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolle unha charla máis cata de viños da Ribeira Sacra a cargo do enólogo, Roberto Regal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade centrarase nos viños diferencias fronte aos estandarizados dentro dun mesmo territorio. Durante a charla cataranse seis viños que ilustren o tema da charla e proxectaranse fragmentos do documental O espertar do viño en Galicia: a volta ao terroir (de Pablo Alonso e Eva Parga). 

O evento está orientado a adegueiros, viticultores e en xeral a todas as persoas que teñan un interese no viño. Comezará ás 19:00 h e o custo é de 5 euros, destinados a cubrir a cata. É imprescindible reservar, no teléfono 650 624 828 (preferiblemente por WhatsApp). 

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...