HomesociedadeComezan en Monforte as xornadas de formación universitaria para maiores de 50...

Comezan en Monforte as xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos

Véñense de inaugurar no Centro Cívico de Monforte as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de formación universitaria, que por segunda vez se celebra en onforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos gratuítos nos que participarán 15 persoas.

O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto.

A metodoloxía é de corte participativa e aberta, na que os docentes universitarios desenvolveran varias sesións de docencia: teóricas unhas (de conferencia/seminario onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e outras prácticas (con actividades de visita guiada, obradoiro,…) sendo unhas de corte máis humanístico, outras máis científicas e outras artísticas.

O programa de seminarios e activades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) ata o 30 de abril de 2021:

–Seminario: “Especies invasoras” 20/04/2021 16:30-18:00 h. Impartido por Teresa Rodríguez López,  profesora titular da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

–Saída polos arredores de Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra. 21/04/2021 16:30-18:00 h. Dirixida por Teresa Rodríguez López,  profesora titular da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e por Emilio Carral Vilariño, profesor titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC)

–Seminario: “Das mouras ás mámoas, das mámoas ás pedras sacras, das pedras sacras a troques douro… Do inmaterial ao material do patrimonio cultural de Monforte de Lemos” 22/03/2021 16:30-18:00 h Impartido por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.

–Seminario: “Cultura Folclore e educación: Construíndo a Identidade Persoal desde a Tradición” 23/04/2021 16:30-18:00 h Impartido por Alexandre Sotelino Losada, doutor en Ciencias da Educación e docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

– Visita ó Ecomuseo Pazo de Arxeriz 29/04/2021 16:30-18:00 h Dirixida por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.

–Obradoiro: “A Cociña Musical: O uso dos recursos cotiás na creación artística”. 30/04/2021 16:30-18:00 h Impartido por Sandra González Sousa e Cristina Calle Rodríguez, monitoras e dinamizadoras culturais. 

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...