HomesociedadeUn veciño do Saviñao acepta 3.000 euros de multa por posesión de...

Un veciño do Saviñao acepta 3.000 euros de multa por posesión de pornografía infantil

A Garda Civil atopara no seu ordenador imaxes de nenas de menos de 16 anos "espidas" e en "poses de carácter sexual".

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño do Saviñao, identificado como A. L.A., aceptou unha multa de 20 meses, a razón de cinco euros diarios que suma 3.000 euros, por un delito de posesión de pornografía infantil.

Este martes houbo acordo entre as partes no xuízo sinalado na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo. Previamente a Fiscalía pedía unha pena de tres anos e medio de prisión para este home acusado de distribuír e posuír pornografía infantil. Pero, finalmente, acusou ao procesado da posesión e deixou a posible distribución deste material.

Foi en 2018 cando a Garda Civil topou na casa do agora condenado, nunha parroquia do Saviñao, ata 5.500 arquivos en 722 cartafoles e nunha desas “unha subcarpeta” con imaxes de nenas “espidas” de menos de 16 anos e en poses de “carácter sexual”. En total incautáronse de 3.900 arquivos de pornografía infantil.

Finalmente o acusado aceptou os 20 meses de multa, a razón de cinco euros diarios, e o comiso do computador co contido desas imaxes de nenas menores de 16 anos.

O home limitouse a aceptar os feitos, en tanto que o seu avogado non quixo facer declaracións e pediu que a el o deixasen “en paz”. “A conversación conclúe aquí”, sinalou o letrado aos medios.

ÚLTIMAS

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...