HomesociedadeMedidas sostibles para o acceso á praia da Cova

Medidas sostibles para o acceso á praia da Cova

Unha vez coñecidas as medidas do concello do Saviñao para evitar o caos circulatorio que se produce na época estival na praia da Cova, a asociación de veciños do Saviñao presentou unha serie de adaptacións destas medidas, que consideran agresivas coa contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal do Saviñao demanda ampliar as prazas de aparcadoiro, pero considera que as dúas zonas de novo aparcadoiro non deberían supoñer un desmonte visible e deberían respectar as pezas arboreas existentes.

En canto á colocación de semáforos para facilitar o acceso, consideran que os semáforos poden regular o tránsito pero non o volume de ocupación da área. “Córrese o risco de convertir nunha longa caravana de vehículos a estrada de acceso e facer maior tapón na área. Cremos que para regular o tránsito sería moito mais axil e efectiva a UNIDIRECIONALIDADE da estrada dende o desvio para Arxuá, descenso pola actual estrada e subida por Soutomango e Arxuá, sinalizando e permitindo o tránsito bidirectional ós veciños e propietarios das parcelas da zona. O volume regularíase coa colocación de dous paneis que indicaran o estado de ocupación das plazas de aparcamento na área. Ubicaríanse en Belesar e no Priorato da Cova, anunciando a ocupación total para así disuadir ós visitants de acceder á área xa que sería imposible estacionar,” sinalan desde a asociación.

En canto ao microbús de acceso á Cova desde Escairón consideramos máis práctico que o microbus saia dende o Priorato da Cova facendo unha viaxe ata Belesar para recoller xente, “facilitaría que os visitantes deixaran alí os vehículos desconxestionando a área da praia.”

A medida de anchear a estrada dous metros parécelle á asociación o máis lesivo e agresivo para a paisaxe e natureza. “Non olvidemos que precisamente a paisaxe e a natureza son os dous pilares básicos nos que asenta a candidatura a Patrimonio da Humanidade e a súa agresión sería notoria e imperdonable,” apuntan. Propoñen no seu canto, pequenos APARTADOIROS que dean cabida a tres vehículos para arrimar e esperar o acceso.

Consideran imprescindible a sinalización dos accesos dende o Priorato e Belesar concretando a limitación pola anchura da estrada e proibindo  a circulación de vehículos mais longos de 6 metros.

A asociación espera que estas reflexións supoñan un repensamento antes de tomar decisions, “Trátase de facer desta área unha zona de relaxamento e non de estrés e debe priorizar a idea dun turismo sostible para toda a Ribeira Sacra, non basado tanto na cantidade senón na calidade. Temos que lograr que o turismo se adapte ó territorio e non que o teritorio sucumba e sexa destrozado polo turismo.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...