IniciosociedadeNovos avances para a redacción do estudo integral para a mellora do...

Novos avances para a redacción do estudo integral para a mellora do saneamento de Monforte

Publícase no BOE o anuncio para licitar, dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, os servizos de asistencia técnica para a redacción do estudo integral de mellora do saneamento de Monforte e do proxecto construtivo da segunda fase de actuacións

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O orzamento base de licitación para a redacción deste estudo integral é de 190.198,71 euros (IVE incluído), e as empresas interesadas terán de prazo para presentar as súas ofertas á CHMS ata o luns 24 de maio de 2021.

O convenio asinado en novembro entre o Alcalde e o Presidente da CHMS, conta cun investimento de 2,4 millóns de euros, e ademais da elaboración do mencionado estudo integral do saneamento de Monforte, tamén permitirá a renovación total ou parcial dos colectores da rúa Morín, da rúa Xoan Montes, da rúa Valle-Inclán despois da vía do tren, do Barrio das Cruces na parte que descorre xunto ó Regato das Malloadas, e inclúe tamén a supresión do aliviadero do Parque dos Condes.

O estudo integral, que saíu a licitación, analizará o estado de toda a rede de colectores de Monforte para detallar cales son os problemas da mesma, e unha vez estea rematado, que se prevé nos vindeiros meses, e se coñezan todos os problemas da rede de saneamento, o Concello de Monforte e a CHMS seguirán establecendo convenios para por en  marcha novas fases de actuacións, co obxectivo de rematar coa problemática da rede de saneamento monfortina.

Obxecto do contrato e descrición dos traballos

Os traballos a contratar consisten na execución de distintas tarefas de recopilación de información, toma de datos, análises, modelización da rede, estudo de alternativas, etc., que sirvan para definir as distintas fases de actuación que son necesarias para lograr a mellora integral do saneamento e depuración de Monforte de Lemos.

Estas tarefas iniciaranse cun estudo que permita determinar o estado de conservación da rede principal de saneamento de Monforte de Lemos, identificando aqueles tramos de colectores que precisen intervencións de mellora, rehabilitación ou substitución. Realizarase unha modelización do comportamento da rede, tanto en tempo seco como en episodios de choiva, o que servirá para suscitar diferentes alternativas de actuación.

Á vista dos resultados de devandito estudo redactarase un proxecto que incluirá un primeiro paquete de actuacións con obras máis urxentes ou que permitan alcanzar unha mellor relación investimento-resultados.

Todos estes traballos estrutúranse nos seguintes bloques:

  • Revisión de documentación, consultas, levantamento de rede, elaboración dun GIS e modelización hidráulica.
  • Estudo de alternativas detallado para a solución integral do saneamento e depuración de Monforte de Lemos.
  • Elaboración dun plan de actuacións e dun programa de investimentos.
  • Levantamento topográfico e investigación xeotécnica.
  • Proxecto construtivo das actuacións prioritarias.

O prazo de execución dos traballos, unha vez adxudicado o proxecto, é de 14 meses.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...