HomesociedadeAlumno do IES Río Cabe Clasificado para a final da olimpíada internacional...

Alumno do IES Río Cabe Clasificado para a final da olimpíada internacional de Física

O alumno de 2º BAC do IES Río Cabe de Monforte, Brais Rodríguez Rodríguez quedou 3º na Olimpíada Española de Física 2021 e clasificouse para a Olimpiada Internacional de Física.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XXXII Olimpíada Española de Física trascorreu o día 23 de abril coa participaron daqueles estudantes que acadaron un bo lugar nas probas de cada Comunidade Autónoma.

Durante a proba, realizada de xeito telemático, tiñan un tempo límite para resolver unha serie de cuestión prácticas relacionadas coa Física. Unha vez resoltas tiñan que ser enviadas nun curto espazo de tempo para seren avaliadas.

De entre os 70 participantes Brais Rodríguez, do IES Río Cabe, acadou un valioso e merecido terceiro posto e participará na International Physics Olympiad 2021 en Lituania, que se celebrará entre o 17 e 25 de xullo.
 
Foi o 1º Clasificado entre os alumnos galegos que participaron na Olimpíada española. A dirección do IES Río Cabe felicita ó alumno, á súa familia, ó Profesor de Física, Juan Redondo Ameijeiras, e a todo o profesorado que lle deu e lle está dar clase.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...