HomesociedadeDetectado un foco de Covid na residencia de Chantada na que xa...

Detectado un foco de Covid na residencia de Chantada na que xa foran vacinados os usuarios

Polo momento hai seis usuarios e dous traballadores afectados.

Publicado o

- Advertisement -

A residencia Domus V de Chantada rexistrou un gromo con seis usuarios contaxiados, todos eles asintomáticos, e dous traballadores –tamén sen síntomas–, o que eleva o número de infectados a oito persoas. Esta situación rompe a serie de 14 días con cero casos en centros deste tipo, xa que desde o 16 de abril non se contabilizaban contaxios.

Fontes da Consellería de Política Social confirmaron que todos os maiores estaban vacinados xa coa pauta completa contra a covid-19, pero unha das persoas que traballan na residencia aínda non recibira a súa segunda dose ao non completar o período protocolario entre a primeira e a última.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...