HomesociedadeMonforte inviste máis de 3 millóns de euros na renovación de todo...

Monforte inviste máis de 3 millóns de euros na renovación de todo o alumeado

A renovación do alumeado público con tecnoloxía Led, contará cun investimento de 3.216.160,65 euros. Na zona rural, o orzamento base de licitación é de 1.728.959,93 euros, e na urbana ascende a 1.487.200,72 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este proxecto colocaranse 5.749 farolas novas de tecnoloxía Led e renovarase a totalidade dos cadros eléctricos, 195 unidades, que dan soporte ás luminarias de todo o Concello. “Monforte será o primeiro concello en renovar totalmente todas as instalacións de alumeado público con tecnoloxía LED, en todas as rúas da cidade e en todas as parroquias,” sinala o alcalde.

Neste senso, Tomé Roca tamén salientou que “esta é a primeira vez na historia do Concello que o investimento nas parroquias é máis grande que na zona urbana, o cal demostra o compromiso deste Equipo de Goberno pola zona rural da nosa cidade, para que os veciños que viven nas parroquias teñan os mesmos servizos que os veciños que viven na zona urbana”.

Para poder realizar esta inversión, o Equipo de Goberno do Concello xestionou unha axuda co Ministerio para la Transición Ecológica, e a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, o

O Ministerio para a Transición Ecolóxica aportará o 80% do custe total do proxecto  e o 20% restante, será aportado polo Concello. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas terán de prazo 26 días naturais, é dicir, ata o mércores 26 de maio, incluído.

Unha vez pechado o prazo de presentación de ofertas, a continuación celebraranse 3 mesas de contratación. O xoves 27 de maio, terá lugar a mesa para a apertura de ofertas administrativas,  luns 31 de maio procederase a abrir os sobres das ofertas técnicas, e o luns 7 de xuño,  abriranse os sobres cos prezos ofertados e aplicaranse os criterios de valoración. Unha vez adxudicados os dous proxectos, o prazo de execución para ambos será de 12 meses.

Aforro enerxético e amortización do investimento

A actual potencia que ten contratada o Concello de Monforte cos diferentes subministradores de enerxía é de 811,47 kW/hora, e cando estea rematada a totalidade da nova iluminación pública, será de 252,94 kW/h, o que suporá unha redución de 558,53 kW/h.

En termos de consumo, no cómputo anual en iluminación pública, o Concello pasará de consumir 3.489.334 kW/ano a consumir 715.817 kW/ano, o que supón unha baixada de 2.773.517 kW/ano.

Actualmente, o custe do alumeado público do concello é de 383.826,74 euros/ano, e co novo alumeado o custe baixará ata os 100.214,38 euros, supoñendo un aforro de 283.612,36 euros/ano.

“Tamén”, sinalou o Alcalde, “con esta actuación contribuímos a fomentar para o Concello unha economía baixa en carbono, coincidindo coa tendencia que marca a Unión Europea e España, axudando así a potenciar un desenvolvemento ecolóxico da nosa cidade”. 

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...