HomesociedadeChantada continúa en nivel medio de restricións

Chantada continúa en nivel medio de restricións

A Pastoriza continúa en nivel alto e Meira en nivel medio.

Publicado o

- Advertisement -

Varios concellos de Lugo terán algún tipo de restricións esta semana. Así, A Pastoriza segue en nivel alto, mentres que Meira e Chantada pasan a nivel medio. O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 engadiu tamén a Cambados entre os concellos co nivel máximo de restricións no que continúan Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Deste xeito, en nivel alto de restricións estarán os concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...