HomesociedadeOs contaxiados no gromo da DomusVi Chantada "non presentan síntomas graves"

Os contaxiados no gromo da DomusVi Chantada “non presentan síntomas graves”

"A preocupación é que nos poidan contaxiar aos demais. Agora están confinados ata que dean negativo", destaca o rexedor chantadino.

Publicado o

- Advertisement -

As 13 persoas infectadas de Covid-19, 11 usuarios e dous traballadores, no marco dun gromo rexistrado na residencia de maiores DomusVi Chantada “non presentan síntomas graves”. Así o manifestou o alcalde de Chantada, Manuel Varela, quen destacou que “se están facendo probas practicamente a diario” e este martes pasado a propia directora confirmoulle que “había 11 residentes asintomáticos e dous traballadores”.

Os casos víronse incrementados este martes, ao pasar de seis usuarios positivos e dous traballadores, a 11 maiores –ao sumar cinco máis entre os residentes–.

Varela confesou que tampouco causa moita “preocupación” o gromo e puntualizou que os afectados “están estupendamente, non presentan síntomas graves”.

“A preocupación é que nos poidan contaxiar aos demais. Agora están confinados ata que dean negativo”, abundou o alcalde de Chantada, Manuel Varela (PP). Respecto diso, afirmou que se vai “controlar” o gromo e así destaca que a propia directora da residencia lle trasladou que “desde a Consellería de Sanidade están a comportarse de maneira excepcional”.

Varela precisou que “están todos vacinados” e que, a pesar diso, “fanse probas de cando en vez, e é no contexto desas probas cando se detectaron os casos”. A residencia de Chantada, “unha das máis grandes de Galicia”, abundou, conta con 201 usuarios e entre “85 e 86 traballadores”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...