HomesociedadeAdxudicada a explotación do Centro do Viño de Monforte e outros servizos...

Adxudicada a explotación do Centro do Viño de Monforte e outros servizos turísticos

A xestión integral e explotación dos servizos que se prestan no Espazo expositivo do Centro do Viño da Ribeira Sacra, na Oficina de Turismo, na futura Oficina de Atención ó Peregrino e das visitas á Torre da Homenaxe, todas elas instalacións dependentes do Concello de Monforte de Lemos, foi adxudicada á UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Numero 1”, e con sede en Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa adxudicataria presentou un prezo total de 203.885 €, IVE engadido, asumindo a totalidade das melloras recollidas na súa oferta, rebaixando en máis de 40.000 euros o prezo inicial de licitación e aumentando as horas do servizo en 470,50 horas anuais respecto do total de horas licitado. Ademais, a UTE ofertou como mellora unha inversión no servizo de 17.250 €.

xestión integral dos servizos turísticos esenciais para a cidade de Monforte, estará en todo momento supervisada polo Concello, debendo a empresa adxudicataria consensuar co Concello a toma de decisións, a posta en marcha de todo tipo de accións e de actividades promocionais, o tipo de información que se debe facilitar ós visitantes, etc. 

A empresa adxudicataria contará con persoal especializado e con formación contrastada en todas estas instalacións e servizos turísticos municipais, a fin de proporcionar a información e o trato máis axeitado ós turistas ou peregrinos que acodan ás mesmas. O servizo de atención ó público desenvolverase nas dúas linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, ademais de en inglés.

Coa concesión do servizo terá lugar unha ampliación nos horarios de atención o público, que suporán que tanto a Oficina de Turismo, o Espazo expositivo do Centro do Viño como súa Tenda, e a Oficina do Peregrino, estarán abertos todos os días da semana ó longo de todo o ano, a fin de proporcionar ós usuarios un servicio eficaz e continuo. No caso da Torre da Homenaxe, está contará cuns horarios específicos propios. Unha vez sexa formalizado o contrato entre ambas entidades, estableceranse os horarios para cada un dos centros turísticos incluídos no servizo.

Toda a información e recollida de datos estatísticos, referidos ás visitas e todo tipo de datos turísticos, serán entregados ó Concello de Monforte, que será o responsable de darlles publicidade. A empresa adxudicataria tamén se compromete a aceptar calquera modificación establecida polo Concello de Monforte no relativo a comercialización de entradas, coa posibilidade de ser on-line ou a través de calquera outro método de comercialización establecida polo Concello segundo a demanda e necesidade deste servizo.

A empresa adxudicataria, a petición do Concello, terá que preparar e xestionar con carácter periódico o envío de contidos promocionais turísticos para ser difundidos a través das diferentes canles, portais de internet e redes sociais municipais, sempre baixo a planificación e autorización do Concello de M

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...