HomesociedadeA comezos de xuño acometerase o ensanche da ponte de Valdriz

A comezos de xuño acometerase o ensanche da ponte de Valdriz

As obras na ponte de Valdriz e a construción dunha glorieta na LU-621, en Láncara, seguen a bo ritmo, polo que está previsto comezar co ensanche da ponte a primeiros do mes que vén.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa responsable da obra, Ovisa, está a rematar coas microvoaduras, que ten que controlar con sismógrafos para non prexudicar a liña eléctrica. Tamén se tivo que construír un muro escollera na ponte. Todos estes traballos suporán a escavación de máis de 15.000 metros cúbicos ou o emprego de máis de 1.000 toneladas de mestura asfáltica, o que dá unha idea da envergadura desta actuación, executada pola Axencia Galega de Infraestruturas, cun orzamento de 599.845 euros con cargo á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. 

En canto á ponte, o ensanche levarase a cabo nun treito de 500 metros e precisará da substitución de parte da terra da bóveda por cemento, así como a instalación de 513 metros cadrados de prelosa, armadura, ferro e formigón para ampliar o ancho dos 6 metros actuais ata os 10.

Contémplase tamén a creación dunha rotonda que xestionará toda a circulación da LU-621 con Valdriz, o que a longo prazo suporá unha maior seguridade para o tráfico rodado nun cruzamento bastante perigoso.

Co obxectivo de aumentar a seguridade, procederase a unha pequena rectificación do trazado para que a entrada á ponte sexa máis segura. Igualmente, este proxecto prevé a creación dunha senda peonil desde o último tramo de beirarrúas da Pobra de San Xillao ata a nova rotonda de acceso a Valdriz que se vai a construír. 

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...