HomesociedadeCatro estudantes do Río Cabe de Monforte, segundos na final do Young...

Catro estudantes do Río Cabe de Monforte, segundos na final do Young Business Talents

Nesta décima edición inscribíronse un total de 9.685 estudantes de 364 centros educativos de toda España

Publicado o

- Advertisement -

Alumnos do IES Río Cabe de Monforte de Lemos conseguiron o segundo posto na décima final nacional de Young Business Talents, o programa educativo de simulación empresarial organizado por Abanca, Esic, Herbalife Nutrition e Praxe MMT.

Nesta edición, o título de mellor empresario virtual de España foi para o equipo integrado por Álvaro Escobar, Francisco Cruz e Rafael García do IES Gran Capitán (Córdoba), que conseguiu vencer aos máis de 400 preuniversitarios de toda España que competiron de forma virtual na final celebrada este venres.

O segundo e terceiro posto foi para catro estudantes do IES Río Cabe e para outros catro do Colexio Camino Real de Madrid, respectivamente. Pola súa banda, en cuarto lugar clasificáronse tres mozos do Colexio Nuestra Señora de La Antiga, en Biscaia; e o quinto posto correspondeu a catro estudantes do IES Francisco dos Ríos de Córdoba.

Ademais do título, conforme detallou a organización, os equipos gañadores repartíronse máis de 14.000 euros en premios, entre estudantes e docentes, así como diplomas acreditativos.

Durante a xornada, os mozos preuniversitarios, con idades comprendidas entre os 15 e os 21 anos, tiveron que dirixir a súa propia empresa en Internet co uso dun simulador virtual de xestión empresarial e demostrar que equipo tiña os mellores dotes para emprender.

O obxectivo para gañar este Business Game era converter a súa compañía na máis próspera e con máis beneficios do mercado. Para iso, os participantes tiveron que definir a súa estratexia empresarial, ter en conta á competencia, os cambios no mercado e diferentes variables, para poder tomar as mellores decisións en tempo real relativas á xestión da compañía e non caer en bancarrota.

Respecto diso, o director de Young Business Talents, Mario Martínez, destacou que os máis de 400 mozos participantes na final demostraron ter “moi boas aptitudes de liderado”. “Puideron aplicar os coñecementos empresariais que adquiriron durante todo o ano e viviron en primeira persoa a mesma experiencia que os directivos das grandes compañías”, sinala o director da iniciativa.

Nesta décima edición inscribíronse un total de 9.685 estudantes de 364 centros educativos de toda España, que estiveron desde o mes de novembro competindo en diferentes fases en liña desde as aulas, para conseguir unha praza na final nacional celebrada. Con este evento ponse o broche final a un completo programa de formación para mozas que permite adquirir experiencia a través da práctica.

Young Business Talents ten como obxectivo enriquecer a actividade didáctica nas aulas introducindo de forma gratuíta nos centros docentes unha ferramenta dixital de última xeración, como os simuladores virtuais desenvolvidos por Praxes MMT e valorados en máis de 3.000 euros cada un.

Neste dez anos, máis de 68.000 alumnos de 1.451 centros educativos de toda España tiveron a oportunidade de beneficiarse deste programa formativo pioneiro en España.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...