IniciosociedadeMonforte atende aos animais domésticos abandonados

Monforte atende aos animais domésticos abandonados

Publícase na Plataforma de Contratos do Estado a licitación do servizo integral de recollida e custodia de animais domésticos abandonados dentro do termo municipal do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para a presentación de ofertas será de 15 días naturais dende a súa publicación na Plataforma de Contratos do Estado, polo que o prazo rematará o luns 24 de maio ás 14:00 horas. O concurso estará aberto á participación de todas aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos nos pregos de prescricións técnicas e administrativas establecidos para dito proxecto.

prezo de licitación deste servizo é de 20.328 euros, IVE engadido, e a duración do contrato será por un período de 2 anos. A oferta tamén inclúe a posibilidade de renovar o contrato co Concello dous anos máis (1+1), sendo a duración total máxima de 4 anos, incluídas as prórrogas sinaladas.

Alcalde destaca que “o obxectivo coa posta en marcha deste servizo dende o Concello, é retirar de maneira eficaz e de xeito periódico aqueles animais domésticos, especialmente cans que se atopen vagando polas rúas do Concello, e que sexa feito por persoal cualificado no manexo e coidado dos mesmos, a fin de garantir as condicións de saúde dos animais”.

Servizo de recollida e custodia de animais domésticos abandonados

  • Recollida e captura de animais domésticos de compañía abandonados na vía pública e/ou no termo municipal de Monforte de Lemos, utilizando persoal cualificado no manexo e coidado dos mesmos e en métodos de captura, cando sexa necesario.
  • Traslado dos animais nun vehículo autorizado e sinalizado especificamente.
  • Control e asistencia sanitaria do estado de saúde dos animais por veterinarios cualificados que realizarán probas de diagnose, aplicación de tratamentos preventivos e curativos e o sacrificio por métodos eutanásicos autorizados pola normativa vixente cando sexa necesario.
  • Mantemento e custodia dos animais en instalacións que reúnan as condicións hixiénico-sanitarias axeitadas para garantir a saúde e o benestar dos animais, e que figuren inscritas no correspondente Rexistro autonómico esixido segundo a normativa reguladora da materia.
  • Cumprir as normas de retención establecidas na Lei 4/2017,do 3 de outubro, para animais abandonados, ou animais con dono, asegurando que se presta aloxamento temporal ou permanente axeitado e os coidados necesarios para garantir a saúde e benestar dos animais.
  • Cando a empresa prestadora do servizo recolla un animal cuxo propietario sexa identificable ou localizable, a empresa comunicará ao propietario o achado do animal e acordará co mesmo o momento de recollida, previo pagamento do prezo estipulado.
  • Cando un propietario faga entrega dun animal, cuxa finalidade sexa a cesión definitiva do mesmo aplicaráselle o prezo correspondente. 
  • Cando un propietario pretenda entregar un animal sen ser portador de identificación mediante microchip, previamente a súa recepción, incorporaráselle, rexistrando ao seu nome o animal e procedendo a continuación a súa recepción. Serán de aplicación os prezos polos servizos veterinarios correspondentes.
  • O adxudicatario aportará números de teléfono fixo e móbil ou outros sistemas de comunicación que estarán operativos as 24 horas do día, co fin de estar en contacto permanente.
  • A empresa adxudicataria colaborará e prestará asesoramento en cantas campañas de sensibilización organice o Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

I Work Ribeira Sacra Chantada

Tratábase da I edición do Work Ribeira Sacra, primeiro evento networking que se realiza...

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...