HomesociedadeSuprímese o estacionamento na Praza de Abastos de Monforte por obras

Suprímese o estacionamento na Praza de Abastos de Monforte por obras

O Concello de Monforte informa que a partir deste luns día 10 de maio, levaranse a cabo as obras de renovación da cuberta do edificio do Mercado Municipal de Abastos, situado na Praza de Abastos monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estímase que as obras terán unha duración de aproximadamente un mes e medio. Para a súa execución, requírese a montaxe, no perímetro de dito edificio, dun andamio de obra.

Por este motivo, faise necesario suprimir o estacionamento no tramo da rúa Bailén que corresponde coa fachada norte da Praza de Abastos para instalar dita estrutura e manter a circulación de vehículos na forma actual, a cal non se verá afectada.

Dende o Concello agradecen a comprensión dos veciños, praceiros e condutores coas molestias que estes traballos poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...