HomesociedadeObradoiros de autocoidado para "coidadoras" de persoas dependentes

Obradoiros de autocoidado para “coidadoras” de persoas dependentes

Albores Saúde Mental vén de promover un ciclo de obradoiros de autocoidado dirixidos ás coidadoras de persoas depentes ou con discapacidade psicosocial (así se chaman as dependencias e discapacidades motivadas por enfermidade mental) , coa intención de mellorar a súa calidade de vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Albores Saúde Mental, entidade de referencia no Sur de Lugo para o colectivo de persoas e familias afectadas por enfermidades mentais e para o coidado da saúde mental da comunidade, busca con estes obradoiros mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras.

As necesidades das persoas dependentes e/ou enfermas necesitan da atención diaria ininterrompida, para ser cubertas. Albores observa que a día de hoxe aínda segue a ser habitual que este tipo de responsabilidades se focalicen e sexan asumidas polas mulleres. “Aínda non demos o paso a que o resto da familia tome conciencia de que a sobrecarga e atención a tempo completo socava a saúde mental e física, e tome a iniciativa asumindo a súa parte de responsabilidade nos coidados” sinalan desde Albores.

Grazas ao programa Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Fundación Mujeres impartirá un ciclo de 7 obradoiros semanas dirixidos ás mulleres coidadoras de Albores. As sesións terán lugar en Monforte de Lemos todos os xoves en horario de 11:00 a 13:00 horas, ata o 17 de xuño. Nas mesmas trabállanse habilidades de saúde e autocoidado das coidadoras, relaxación e conciencia corporal, xestión do tempo, corresponsabilidade e establecemento de límites nas relacións familiares, entre outros

O programa desenvólvese nas instalacións da Escola Infantil San Vicente de Paul, que son cedidas por Diego Rosales Galiñanes, Director da mesma.

O acollemento da iniciativa foi moi bo, así que a Asociación Albores prevé organizar máis xornadas deste tipo tras o verán, e na/s próximas ocasión/s dirixilas ás mulleres coidadoras doutros colectivos (maiores, menores, persoas con outro tipo de discapacidades…), coa finalidade de coidar da súa saúde mental, rebaixando o estrés e a sobrecarga. Para inscribirse,  todas aquelas persoas interesadas poden contactar no 982404968 ou en albores@albores.org

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...