IniciosociedadeOs concellos de Folgoso do Courel e Ribas de Sil arremeten contra...

Os concellos de Folgoso do Courel e Ribas de Sil arremeten contra as declaracións do alcalde de Quiroga

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, afirma nunha entrevista a El Progreso o día 7 de maio que o concello de Quiroga está implicado co Xeoparque Montañas do Courel pero "non vexo a mesma implicación dos concellos do Courel e Ribas de Sil. Teñen que mollarse moito máis e entender que é necesaria unha maior loxística para ter todo preparado para cando volvamos á normalidade. Quiroga non pode tirar soa deste carro." A resposta dos concellos de Folgoso do Courel e Ribas de Sil a estas declaracións, non se fixo esperar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o concello de Ribas de Sil aseguran lamentar profundamente o total descoñecemento por parte do alcalde de Quiroga en relación a todos os investimentos que se están realizando no territorio do Xeoparque, a pesar de que o concello de Quiroga forma parte da Asociación Montañas do Courel e tamén do Grupo de desenvolvemento Rural “Ribeira Sacra Courel” que concede axudas do Leader para moitos destes proxectos

O Concello de Ribas de Sil, lembran dende o goberno municipal, nos últimos anos está a realizar os seguintes investimentos relacionados co Xeoparque:

  • Construción do Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana (O primeiro destas características de Galicia)
  • Creación e sinalización da ruta de interpretación arqueolóxica do complexo mineiro do Covallón.
  • Construción do Xeocamping, pensado para albergar a máis de 100 persoas en acampada ou autocaravana e otras 48 prazas en Bungalow.
  • Sinalización e interpretación xeolóxica da ruta da Cubela.
  • Creación da ruta dos Xeomiradoiros.
  • Construción da pista de despegue de parapentes en Torbeo e no alto do Cerengo.
  • Investimentos na Praia Fluvial de San Clodio como un dos enclaves de lecer máis importantes do territorio, ruta cicloturista, área de autocaravanas, zona de barbacoas,…
  • Colaboración total e absoluta coa organización de múltiples actividades que realiza a Asociación do Xeoparque ó longo dos anos. 
  • Programas de Voluntariado Xuvenil para recuperación do patrimonio cultural.
  • Pequenas actuacións de promoción do xeoparque e tamén de concienciación para a poboación local. (Disco editado pola Banda Folk de Ribas de Sil, xeocatering, decoración do camión de lixo…) 

Sinalan tamén desde Ribas de Sil que contan con iniciativas privadas “das que este concello non presume porque dependen da iniciativa dunha persoa ou dunha sociedade” que se están a poñer en marcha ou que xa funcionan, como é o caso da nova adega que se vai poner en marcha en Rairos-Torbeo, a almazara de Figueiredo, e o proxecto de enoturismo con nova adega no Pazo de Batanero.

Folgoso do Courel

Desde o concello de Folgoso do Courel tamén lamentan as palabras do alcalde, “queremos crer que son froito do descoñecemento ante o inmenso traballo que se levou a cabo e se segue facendo para acadar a distinción de Xeoparque Mundial da Unesco, obtida hai xa dous anos. Pensar que detrás dela hai outra motivación encheríanos de tristura”, aseguran.

Afirman que a implicación do Concello de Folgoso do Courel en relación co Xeoparque Mundial da Unesco é “total e absoluta” e enumeran tamén equipamentos e accións realizadas estes anos:

  • Oficina Municipal de Turismo.
  • Aula de Natureza en Moreda.
  • O Centro de Interpretación das Covas do Courel.
  • Un museo etnográfico en Vilar de carácter privado.
  • A Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel.
  • A Estación Científica. 
  • 5 rutas homologadas ademais doutras tantas sinalizadas.
  • 2 km verticais.
  • Único Concello da provincia de Lugo que pertence á Rede Estatal de Instalacións Permanentes de Trail Running acreditadas pola Real Federación Española de Atletismo.
  • Barranquismo dando sentido a guía de barrancos que hoxe ten o Xeoparque.
  • Posta en valor castros, miradoiros e todos os recursos naturais, como a Devesa da Rogueira ou o Monte Cido.
  • Reserva de orquídeas silvestres, soutos, sequeiros, dúas aldeas declaradas BIC e dúas festas de interese turístico, tendo tamén o Concello a distinción de Municipio de Interese Turístico.
  • Temos en proxecto a praia fluvial para por en valor o río Lor e a creación dunha área de autocaravanas.
  • Construirase un novo miradoiro.
  • Recuperación do patrimonio, mediante a rehabilitación de alvarizas.
  • Posta en valor de pontes e acuedutos. 
  • Rehabilitación das escolas para poder utilizarse en diferentes actividades do Xeoparque ademais de para goce da veciñanza.
  • Proxecto de parapente en Pía Paxaro para incorporar aos puntos xa existentes dentro do Xeoparque.
  • Establecementos hostaleiros dedicados ao turismo que ofrecen a máxima calidade. En concreto, 11 establecementos de turismo rural, 1 pensión, 8 vivendas turísticas, 1 apartamento turístico; un total de 221 prazas ás que sumar o campamento, 148 prazas e o albergue, 36 prazas. 

Desde o Concello de Folgoso do Courel agradecen o traballo feito por todas as persoas que colaboraron para que a distinción de Xeoparque Mundial da Unesco fora posible. “Agradecemos a constancia que seguen a ter, as ideas, proxectos e ilusión para que isto se siga construíndo entre todos, como así fixemos ata o de agora. Sumando cada un o seu gran de area. Aproveitamos para pedir desculpas por este desaire do alcalde a toda a xente que leva tanto traballado para que isto fora unha realidade e para seguir crecendo cada día”. 

Para rematar, afirman que o concello “non ten que prepararse para volver á normalidade porque nunca deixou de traballar nin de sumar, senón que o seguiu facendo e sempre coa mesma implicación, a que agardamos nos siga movendo a todos os que formamos parte do Xeoparque Mundial da Unesco”.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...