HomesociedadeFin de semana de voluntariado para a conservación do Xeoparque

Fin de semana de voluntariado para a conservación do Xeoparque

12 mozos participaron non programa de xeoconservación dos Lugares de Interese Xeolóxico no Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel a través dun programa de voluntariado xuvenil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os mozos voluntarios interviron nos lugares de Interese Xeolóxico do tramo do río Visuña e depósito glaciar da Seara. Realizaron a ruta do Río Pequeno e visitaton o Centro de Interpretación das Covas en Meiraos.

Retiráronse máis de 200 quilos de lixo para facilitar a visualización e interpretación deste treito. A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mais o Presidente do Xeoparque, Roberto Castro recibiron aos participantes no Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, onde lles agasallaron co libro do Xeoparque, “As Montañas do Courel: Unha xeoloxía moi humana” e explicaron o funcionamento do Xeoparque.

A Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia financian integramente esta actuación de voluntariado ambiental para a mocidade.

O xeoparque agradece a participación dos 12 mozos nestas accións de xeoconvervación, así como a Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia pola aposta do Xeoparque Montañas do Courel para o desenrolo destas actividades. O Xeoparque Montañas do Courel, ten previsto levar a cabo novas actuacións de xeoconservación dos Lugares de Interese Xeolóxico do Xeoparque neste 2021, mediante o desenvolvemento de novos programas de voluntariado que na próxima ocasión estará dirixido a poboación en xeral.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...