HomesociedadeDetectado un postivo nun cribado en Chantada

Detectado un postivo nun cribado en Chantada

"A incidencia é pequena", afirmou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, que destacou que "xa se fixo" o control de contactos estreitos do positivo.

Publicado o

- Advertisement -

O cribado realizado o pasado sábado no municipio de Chantada, que se atopa con nivel de restricións medio, saldouse cun positivo e outro resultado non concluínte de entre os 900 participantes de máis dun milleiro de convocados.

Así o explicou este luns o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares Rico, quen explicou que ás probas PCR en Chantada foran convocadas un milleiro de persoas de 20 a 70 anos e unhas 300 do sector hostaleiro e de contacto directo co público.

Finalmente das 900 PCR obtívose un positivo e un resultado non concluínte noutra, polo que se repetiu a proba á persoa correspondente. “A incidencia é pequena”, afirmou Ares, que destacou que “xa se fixo” o control de contactos estreitos do positivo.

O municipio de Chantada ten limitado o aforamento na hostalaría a un 30 por cento e interior e a un 50 por cento en terrazas; así como prohibidas as reunións de non convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas.

Pola súa banda, en relación ao cribado levado a cabo na área sanitaria luguesa nos últimos días cuns 200 convocados do sector da hostalaría da zona vella de Lugo, entre outros, as 200 probas “foron negativas“, destacou o xerente.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...