HomesociedadeMonforte solicita a Suelo Empresarial do Atlántico a ampliación do Polígono do...

Monforte solicita a Suelo Empresarial do Atlántico a ampliación do Polígono do Reboredo

A Xunta de Goberno do Concello acordou solicitar solicitar a Suelo Empresarial del Atlántico que leve a cabo a posta en marcha dos estudos necesarios para a ampliación do Polígono Industrial do Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta petición xa foi abordada na reunión que mantiveron a pasada semana o mandatario monfortino e a xerente do SEA, Beatriz Sestayo, quen destacou entón que “os datos reflexan que Monforte ten presente e moito futuro, cun polígono exemplo de motor de dinamización económica e da esencial creación de emprego”.

O Concello monfortino solicitará ó SEA que se realicen ditos estudos de ampliación do Polígono do Reboredo e que tamén se leve a cabo a súa posterior implementación, baixo o criterio de duplicar a superficie actual do Polígono. 

“Esta petición” salienta o Alcalde “está fundamentada na gran demanda existente de parcelas e o noso obxectivo é poñer á disposición dos empresarios parcelas de diversas superficies, para adaptarse as súas necesidades de chan industrial, e nas que poidan implantar as súas empresas, o que sen dúbida contribuirá á dinamización da economía do Concello.

O Polígono do Reboredo

Este polígono nace no ano 1984 promovido e xestionado por SIGALSA (Suelo Empresarial de Galicia), hoxe Suelo Empresarial do Atlántico (SEA). Ten unha superficie total de 365.000 metros cadrados, sendo aproveitables directamente para parcelas como superficie útil un total de 275.235 metros cadrados. Actualmente, repártese en 61 parcelas de 1.000 a 15.000 metros cadrados de superficie. 

Ten unha ocupación máxima do 75%, con retranqueos de 3 metros ó fondo e os laterais e 7 á fronte. Ademais permítese como máximo unha altura de 12 metros. 

O exercicio 2021, demostrou a consolidación do área industrial de Reboredo, no que se pecharon tres operacións de preto de 30.000 metros cadrados de superficie por importe de 349.000 euros, quedando hoxe 8 parcelas dispoñibles.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...