HomesociedadeTodo preparado para celebrar o 30 de maio a XXI Mostra do...

Todo preparado para celebrar o 30 de maio a XXI Mostra do Aceite

Os asistentes a esta Festa de Interese Turístico poderán seguir desfrutando da posta en funcionamento do muíño de aceite tradicional, adquirir o aceite de oliva virxe extra que se produce en Quiroga e outros produtos típicos e mesmo comer no recinto feiral, pero todo supeditado a unhas normas de control de persoas en todo o recinto feiral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga marcaba nesta edición que o aceite que se presente a mostra tiña que contar con rexistro sanitario, autorizado polo órgano competente. Este ano son catro os olivicultores inscritos para participar nunha Mostra do Aceite diferente e adaptada a unhas condicións e normas sanitarias que esixiron cambios na súa organización. 

Para facilitar que os asistentes poidan ver a elaboración do aceite tradicional, ademais de verse en vivo no muíño como todos os anos,  proxectarase este proceso na Capela das Farrapas, coa intención de que non haxa tanta aglomeración.

O recinto feiral estará aberto dende as once e media da mañá ata as dúas do mediodía. Para poder acceder ao recinto da mostra e ao muíño poderase concertar cita previa, a través do teléfono 982.43.51.25. A organización decidiu que en cada hora (duración que se estima de cada visita) non haxa máis de 200 persoas en todo o recinto feiral, polo que aínda que a entrada é libre, darase preferencia de entrada a aquelas persoas que concertaran cita previamente.

Nesta edición tampouco faltará a parte festiva. A música do grupo de gaitas O Recanto deixarase sentir polo recinto feiral a partir das doce do mediodía. Segundo o rexedor local, Julio Álvarez, trátase dunha mostra cunha normativa adecuada que cumprirá as normas sanitarias decretadas polas autoridades competentes en cada momento, pero co mesmo atractivo e servizo de anteriores edicións. 

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...