HomesociedadeDenégaselle o dereito ás vacacións ao persoal de enfermaría do Hospital de...

Denégaselle o dereito ás vacacións ao persoal de enfermaría do Hospital de Monforte?

A sección sindical de cig-saúde no Hospital de Monforte denuncia a denegación dun dereito por lei, como son as vacacións ao persoal de enfermaría, por parte da dirección deste centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 27 de abril a Dirección do hospital reunía á Xunta de Persoal, segundo o sindicato “para comunicarlle que non había enfermeiras na lista de contratacións e que ía ser moi difícil poder darlle ao persoal as vacacións nas datas que tocaba e que probablemente non pudieran coller un mes.”

A CIG Saúde asegura que o problema de non haber enfermeiras nas listas de contratación é un problema creado polo Sergas, segundo afirman, “debido a precariedade da contratación” e pola anterior dirección de enfermaría “co maltrato permanente que se lle fixo aquí ao persoal de enfermaría.”

Insisten desde o sindicato que o persoal de enfermaría é o que máis leva loitado na primeira liña contra a covid e lamenta que así llo repercutan, “Pasamos dos aplausos na rúa a obligalas a coller as vacacións cando o hospital quere e non cando lle correspondía pola súa rotación. E todo isto comunicado verbalmente sin que haxa unha instrución por escrito para que non teñan defensa.”

O sindicato non descarta presentarse no hospital cun notario para dar fe do que acontece e que se ve agravado porque afirman que varias enfermeiras intentaron meter por rexistro a petición das vacacións e impedíronllo, “En Lugo e Burela non teñen nengún problema para pedir as vacacións, polo visto ser EOXI para esto non vale de nada. Nova dirección mesmos malos hábitos. Seguimos a depender de Lugo para todo,” conclúen.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...