HomesociedadeRosalía de Castro, inmortalizada en Castro Caldelas

Rosalía de Castro, inmortalizada en Castro Caldelas

O seu retrato e algunhas das súas célebres frases locen no Parque da Estrela desta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Castro Caldelas decorou un dos seus parques con murais coa figura de Rosalía de Castro e os seus pensamentos.

Esta iniciativa xurdiu produto da colaboración entre o propio concello e A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, que ten entre os seus fins facer visibles as artes visuais producidas aquí, na nosa terra.

As obras gráficas realizadas son un traballo dos artistas Mongiart, que “fixeron posible que Rosalía de Castro reviva nas paredes do Parque da Estrela”, segundo palabras da alcaldesa Sara Inés Vega.

O Parque da Estrela. Foto: Sara Inés
Artista en acción e outro dos murais. Foto: S.I.

DINAMIZACIÓN COMERCIAL

Castro Caldelas prepárase tamén para estes días, de cara a dinamizar a vida e o comercio local con actividades importantes para o 17 e o 18 de maio.

Así, o vindeiro 17 Maio, haberá unha “Feira de Artesanía e Produtos Locais” na Praza do Prado organizada pola Asociación TARABELADA para disfrutar con toda a producción artesá propia.

E xa o vindeiro martes, 18 Maio, a FEIRA: Mercado variado e Produtos da zona acompañados da gastronomía típica polos locais da vila: Polbo, Callos, Empanada, Carne de Vacún, Cordeiro, Bica, Queixo de Cabra, Viño da Ribeira Sacra e Licor Café.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...