HomesociedadeTomé pon en valor a implicacion da asociación de veciños de Vilachá...

Tomé pon en valor a implicacion da asociación de veciños de Vilachá de Salvadur para impulsar a Ribeira Sacra

O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado nun acto organizado pola Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, da Pobra do Brollón, para promocionar o Camiño de Inverno e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade consistiu no percorrido dos case dous quilómetros do Camiño de Inverno dende o Miradiro da Capela de Vilachá ata as adegas. José Tomé puxo en valor a implicación da asociación veciñal para impulsar a Ribeira Sacra e lembrou que dende a Deputación, e dende o propio Concello de Monforte, como capital da Ribeira Sacra, compártense as reivindicacións polas que o colectivo organizou a iniciativa de hoxe. “O esforzo da Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur para poñer en valor, defender e divulgar o patrimonio da Ribeira Sacra é un exemplo de compromiso e traballo desinteresado, feito a favor de todos e contra ninguén. Un recordatorio permanente do nivel de esixencia que a sociedade civil espera dos responsables políticos e das institucións”, asegurou o mandatario monfortino.

O Alcalde subliñou que a Deputación foi a impulsora do movemento social e institucional que desembocou na presentación da candidatura da Ribeira Sacra á Unesco para que sexa recoñecida como Ben Mundial e, recentemente, tanto o pleno provincial como o de Monforte aprobaron reclamar á Xunta de Galicia a oficialidade do trazado do Camiño de Inverno por Cubela, Vilachá e Rozavales.

A materialización de ambas reivindicacións contribuirá, destacou José Tomé, “a un  desenvolvemento sostible do territorio que pasa pola promoción do patrimonio e do medio ambiente como xeito de asentar un turismo de valor engadido. Un turismo non masificado, que aposte polas experiencias en contacto co local. Un turismo que xere emprego no rural e axude a mozos e mozas a desenvolver os seus plans de futuro nas súas vilas. Un turismo que axude a poñer en valor os nosos produtos e lles dea aínda maior proxección”.

Ao remate do acto, os participantes na camiñada degustaron os viños de Vilachá en homenaxe á representativa feira do viño que se celebra cada ano e que debido á pandemia non poderá celebrarse neste 2021.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...