HomesociedadeEste verán o Xeoparque Montañas do Courel acollerá tres campamentos xuvenís

Este verán o Xeoparque Montañas do Courel acollerá tres campamentos xuvenís

O Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel contará con tres campamentos xuvenís de traballo no verán 2021, cos que se contribuirá a por en valor o patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural do Xeoparque.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concellos que forman parte do Xeoparque continúan adiante coa planificación de investimentos que, baixo o paraugas “Terra”, estaban incluídos na folla de ruta aprobada para o Plan de Sostenibilidade Turística do 2020. A limpeza do Castro de Vilar en Folgoso do Courel, o acondicionamento do Castro de Penadominga en Quiroga, e a limpeza da Abadía benedictina de Ribas de Sil serán os tres lugares onde se intervirá.

A Dirección Xeral de Xuventude financia a iniciativa, na que participaran 12 mozos en cada campo de traballo de entre 18 e 30 anos de idade.

Estes campamentos complementarán as actuacións de xeoconservación que, a través do programa de voluntariado xuvenil celebrado a pasada fin de semana mais o programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá no outono, servirán para achegar á mocidade a sensibilización pola conservación de Lugares do Inventario de Interese Xeolóxico do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...