Denuncian á Domus VI de Chantada por agresión a un residente que consideraba vulnerados os seus dereitos por “confinamento ilegal”

Garda Civil na Domus VI Chantada / REDE

Amigos da persoa supostamente agredida representados no profesor coruñés de Xeografía e Historia, João Paulo Palomo Branco, e familiares e usuarias de residencias de maiores integradas na federación galega REDE, representadas polo presidente da organización, o xornalista Paulino Campos, presentaron senllas denuncias este sábado, 16 de maio, diante da Garda Civil e Xulgado de Chantada e Fiscalía Provincial de Lugo, contra a directora do xeriátrico DomusVi Chantada por presunta agresión, ameazas e coaccións dirixidas a este usuario.

Desde REDE aseguran que o usuario, puxera no seu coñecemento que “a dirección de DomusVi tiña confinados nas habitacións a 200 persoas maiores, aínda que o 95% delas deran resultados negativos nas distintas PCRs feitas neses días.” Segundo o presunto agredido “foi empurrado e acantoado contra parede violentamente pola directora do centro, nun claro acto de agresión física”, dí a denuncia, “polo que cominou á directora a rematar inmediatamente a acción agresiva e a que se puxera a unha distancia mínima dun metro, alomenos, como corresponde a medidas de seguridade e prevención na pandemia”.

O 12 de maio a situación agravouse ao confiscarlle o teléfono, bloqueando facer e recibir chamadas, polo que seus amigos do exterior quedaron preocupados.

Domus VI Chantada / REDE

REDE considera que este suceso amosa que en Galicia cada día vulnéranse nas residencias, os dereitos esenciais dos usuarios: dereito a unha comunicación libre, dereito á liberdade de expresión, dereito ó segredo das comunicacións, dereito á dignidade humana, o honor e á intimidade, e o dereito á liberdade e a seguridade. REDE pide o amparo da Xustiza e solicita que como medida urxente se lle devolva o teléfono libre de atrancos ao usuario. “O feito que a dirección da residencia vulnere a liberdade de expresión e o segredo das comunicacións, sen ter en conta a posición da Funga (Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas) é todo un síntoma do empoderamento que teñen estas operadoras.”

2 COMENTARIOS

  1. Ojo con esta tia, hay que averiguar porque se fue de la residencia de ancianos de Sarria, a lo mejor nos clarifica muchas cosas. Es militante del PP de Sarria, amiga personal del exalcalde y diputado provincial José Antonio Garcia, y tambien del director del camp del inserso Luis Pardo. Sus vinculos con los sectores mas recalcitrantes del PP sarriano son evidentes, pero es bueno una investigación en forma y fondo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here