Homesociedade105.000 euros para a mellora da estrada de Remesar en Bóveda

105.000 euros para a mellora da estrada de Remesar en Bóveda

A Deputación vén de aprobar na Xunta de Goberno o proxecto e a licitación por un importe de 100.566€ de novas obras de mellora da LU-P-0907, que une os municipios de Bóveda e Paradela, coñecida como a estrada de Remesar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación mellorará preto de 3 quilómetros desta vía -entre os puntos quilométricos 3,37 e 6,07– e consistirán na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e na realización da correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución estimado é de 9 meses.

As obras dan continuidade ás que a Deputación xa está acometendo nesta mesma estrada, nun treito doutros 3 quilómetros, entre os puntos 0 e 3,2, e nos que inviste 93.000€. En total, con estas dúas actuacións, quedarán renovados cun investimento que alcanza os 200.000€ os primeiros 6 quilómetros desta estrada pola que cada día pasan numerosos veciños e veciñas da contorna. 

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...