HomesociedadeRuta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

Ruta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

O alumnado de 1º de Bacharelato con Bioloxía realizou un percorrido pola Comarca de Lemos e A Teixeira dirixida polo xeólogo ourensán Eduardo González Clavijo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A natureza converteuse na aula dunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES A Pinguela para o alumnado de Bacharelato que cursa esta materia.

Na que foi unha das primeiras viaxes do curso, por mor das restricións da pandemia, os escolares saíron do centro para percorrer unha ruta científica por terras da Comarca de Lemos e as ribeiras do río Sil. Durante a expedición, estiveron guiados polo xeólogo ourensán Eduardo González Clavijo.

A primeira etapa desta viaxe científica tivo lugar no monte Marroxo, onde
lembraron brevemente a historia do planeta e a orixe da vida. De
seguido, coñeceron a formación xeolóxica da Fervenza do Cachón no río Vaos e a zona das Marmitas de Xigantes.

Unha vez no Concello da Teixeira, o grupo puido estudar a formación
coñecida como Ollo de Sapo, e analizar a súa singular tipoloxía de rocas.
Logo dun descanso na Fábrica da Luz, continuaron desenvolvendo o traballo de campo dende a pasarela do río Mao, observando as características do granito desta zona, tendo en conta a súa dureza e o que isto significa para a paisaxe e os asentamentos humanos nesta zona.

No miradoiro de Souto Chao. Foto: IES A Pinguela

Por último, nas proximidades de Monforte, os estudantes puideron observar a estrutura das arxilas que integran o terreo do val de Lemos, así como detectar as fallas na súa configuración.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...