IniciosociedadeA Ribeira Sacra en Fitur como referente do patrimonio e da natureza

A Ribeira Sacra en Fitur como referente do patrimonio e da natureza

Este venres, 21 de maio, presentouse en Fitur a campaña, Agora si, mereces un respiro organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Aproveitouse para poñer en valor esta paisaxe á que coincidiron en situar como un referente do patrimonio e a natureza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, lembrou que a Ribeira Sacra “é un dos rostros máis recoñecibles e admirables de Galicia que destaca pola súa capacidade para conservar os seus valores excepcionais ao longo de máis de 1.500 anos de historia”. “Trátase dun espazo único que a ninguén lle sorprende que aspire a converterse en Patrimonio da Humanidade pola Unesco”, engadiu.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou o enorme potencial de Galicia en canto a turismo sostible e de natureza, outro dos puntos fortes da Comunidade á hora de atraer visitantes. Neste sentido, resaltou o papel esencial que xogan as Reservas da Biosfera, espazos escollidos pola Unesco como exemplos de equilibrio entre o desenvolvemento económico e a protección da natureza e un fito internacional que aspira a lograr este ano a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.

Esta sería, explicou, a sétima Reserva da Biosfera de Galicia, un territorio que aglutina a 23 concellos de Lugo e Ourense, unidos por un alto valor paisaxístico, cultural e etnográfico e que ofrece ao visitante experiencias turísticas únicas para gozar dunha zona que, entre outras singularidades, é o máximo expoñente da chamada “viticultura heroica”, marcada polas condicións extremas do terreo e o cultivo manual das viñas en bancais centenarios que lle confiren, á vez, unha das súas características máis senlleiras e recoñecibles.

Ribeira Sacra Fitur 2021 / Consellería de Cultura

Por todos os valores que atesoura, a conselleira considerou que este espazo natural é un firme candidato a lograr a tripla coroa por parte da Unesco. Así, referiuse á proclamación hai dous anos do Xeoparque Montañas do Courel, o primeiro e único espazo galego con esta distinción, e avanzou que despois do verán se dará a coñecer o ditame definitivo sobre a candidatura da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra.

A candidatura da Ribeira Sacra no encontro entre José Tomé e Pedro Sánchez en FITUR

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade centrou a xuntanza entre ambos, que, logo da presentación do Pasaporte Verde Covid, percorreron xuntos diferentes expositores de FITUR. Durante o percorrido, no que visitaron os postos de Paradores e o da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (RDTI), Sánchez amosou o seu respaldo á campaña que comezou a impulsar no 2011 a institución provincial para que este territorio reciba o recoñecemento da UNESCO.

José Tomé asistiu a FITUR xunto á Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, onde mantiveron unha intensa axenda de reunións e actividades ao longo das dúas xornadas con tres obxectivos fundamentais: a promoción da provincia a través dun turismo de calidade, sostible e non masificado coas diferentes rutas xacobeas que percorren Lugo como eixo central, o establecemento de contactos con representantes institucionais e profesionais vinculados ao sector para acadar maior visibilidade e a detección de tendencias dos viaxeiros e novas oportunidades no contexto xerado pola pandemia da Covid-19.

Os responsables provinciais participaron en diferentes persentacións relativas á provincia, ademais de no acto da campaña da Deputación Lugo, la provincia es tu Camino.

Tomé e Sánchez / Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...