HomesociedadeTractor segadora para mellorar os servizos de medio ambiente en Monforte

Tractor segadora para mellorar os servizos de medio ambiente en Monforte

Este novo tractor segadora do Concello destinarase a facilitar os traballos de desbroce e corte de céspede das brigadas municipais de medio ambiente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo vehículo municipal para o departamento de medio ambiente foi adquirido polo Concello á empresa monfortina Agrícola Pérez por un importe de 17.800 euros (ive engadido).

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos e de medio ambiente a realización dos traballos de sega, corte de céspede ou desbroce a través dun noco tractor segadora da marca New Holland, que está equipado cunha plataforma de corte e cun cargador frontal con cazo.”

O novo vehículo adquirido polo Concello, que é o modelo Boomer TM 25 Compact da marca New Holland, é un tractor compacto, resistente, e versátil preparado para desenvolver tarefas relacionadas co paisaxismo, a xardinería e os labores de mantemento dos espazos públicos axardinados. Polo seu tamaño compacto, é fácil de manexar e manobrar para evitar obstáculos e desenvolverse en espazos reducidos, o cal permite traballar con eficiencia e custos reducidos.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...