Homesociedade64 alumnos gradúanse en bacharelato no IES A Pinguela

64 alumnos gradúanse en bacharelato no IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte vén de celebrar o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. O acto tivo lugar este martes no Multiusos de Monforte, o único capaz de dar cabida ós catro cursos de Ciencias (A e B) e de Humanidades e Ciencias Sociais (C e D).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Colaboraron no desenvolvemento do acto os alumnos de 1º de Bacharelato, como é tradicional, exercendo de presentadores Martín Álvarez e Isabel Toirán. Exerceu de madriña da promoción a exalumna, Selene Arias, graduada en Educación Social, Máster de Investigación en Educación Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario e directora do centro de día VIDA. 

Despois da proxección dun vídeo que recolleu os momentos máis significativos do paso dos alumnos graduados polo instituto durante estes dous anos, interviñeron, polo profesorado, Diego Xesús López González, profesor de Xeografía e Historia, e polo alumnado Clara Varela e Sara Rodríguez, de Humanidades, e Alba Varela e Andrés Martínez, de Ciencias.

A parte musical estivo a cargo do profesor de música Vicente Castro (piano) e das alumnas, Nuria Martínez Pulido, Area Gómez de la Fuente, Julia Pérez Pérez e Noa Díaz Quintián (violín). Rematou o acto o director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, e posteriormente realizáronse as fotos de grupo.

Desde o centro lamentan que as limitacións de aforo do local, por causa da pandemia, non permitisen máis que a asistencia de alumnos e profesores e felicitan ós 64 alumnos graduados, “a maior promoción da historia do noso instituto, e desexámoslle o mellor futuro que poidan imaxinar.”

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...