HomesociedadeOs nenos de Bóveda: do confinamento a coñecer o seu concello

Os nenos de Bóveda: do confinamento a coñecer o seu concello

Durante o confinamento o concello de Bóveda fixo aos nenos do concello a seguinte pregunta: 'Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?'

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda e o CEIP Rosalía de Castro puxeron en marcha unha actividade durante o confinamento consistente en que os nenos e nenas mandaran os seus debuxos respondendo á pregunta ‘Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?’. Cada un deles foi exposto nas redes sociais do Concello nunha galería de imaxes.

Como agradecemento pola súa participacion o Goberno local convidounos a facer unha excursión, que agora veñen de celebrar. Visitaron a Casa do Concello, onde o alcalde, José Manuel Arias, fixo de guía polas dependencias municipais e, de seguido, achegáronse ata a aula forestal Os Trollos onde viron a exposición permanente e coñeceron todos os detalles deste pulmón verde onde medran 115 especies diferentes.

Ao remate, cada un deles puido levar unha árbore para a súa casa para plantalas eles mesmos. Tamén lles deron un folleto coas indicacións para saber facelo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...