HomesociedadeCando isto pase a que lugar de Bóveda queres ir?

Cando isto pase a que lugar de Bóveda queres ir?

O concello de Bóveda pide aos rapaces que envíen o debuxo do lugar de Bóveda ao que queren volver cando isto acabe. Os debuxos, que se poden ver nas redes sociais do concello, poden enviarse ata o 14 de abril.

Publicado o

O Concello de Bóveda e o CEIP Rosalía de Castro lanzan unha proposta para os escolares neste tempo de confinamento. Pregúntaselle aos rapaces ‘Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?’. E pídenlles que envíen os seus debuxos por correo electrónico a:
ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal
O debuxo debe conter ese lugar de BÓVEDA ao que queren ir e o seu nome e idade. Poden enviar a foto só do debuxo ou a deles co debuxo. Os debuxos publícanse nas redes do concello en FacebooK e Instagram.
Todos os traballos terán premio, unha visita cando acabe o confinamento, á aula da natureza dos Trollos onde terán a oportunidade de plantar a súa propia árbore. Desde o concello insisten en que “será un día de festa para todos e todas os que se animen a participar.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...