HomesociedadeQuiroga pon en valor o seu aceite e outros produtos agroalimentarios para...

Quiroga pon en valor o seu aceite e outros produtos agroalimentarios para a potenciación do rural

O aceite de Quiroga caracterízase por proceder principalmente das variedades de oliveiras autóctonas Mansa galega e Brava galega, así como doutras secundarias de cultivo tradicional na zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, inauguraba este domingo a 21ª Mostra do aceite de Quiroga, na parroquia de Bendilló. Na súa visita a este evento declarado de interese turístico aproveitou para poñer en valor tanto o produto homenaxeado como a aposta do Concello polos produtos agroalimentarios de calidade como clave para a potenciación do rural.

Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, a directora xeral visitou os postos dos seis colleiteiros que participan nesta edición da Mostra, onde puido comprobar que o aceite de Quiroga se caracteriza por proceder principalmente das variedades de oliveiras autóctonas Mansa galega e Brava galega, así como doutras secundarias de cultivo tradicional na zona.

A produción do aceite de Quiroga concéntrase sobre todo no val de Quiroga, aínda que tamén se estende por certos sectores dos vales que discorren parellos ao río Quiroga ata que desemboca no Sil. O produto destaca pola intensidade do seu sabor a oliva -especialmente cando aumenta a proporción de variedades locais- e polos aromas que van dende a herba acabada de cortar ou a mazá -no caso das variedades autóctonas- ás améndoas e outros froitos secos e maduros, a medida que aumentan as variedades secundarias. Canto á cor, sitúase no rango dos amarelos que tiran cara ao verde ao comezo da campaña e cara ao amarelo dourado co paso do tempo.

Inés Santé sinalou que no ano 2000 celebrárase a 1ª Mostra do aceite de Quiroga e que dende entón se viña celebrando de xeito ininterrompido agás no 2020, cando se suspendeu por mor da pandemia pola Covid-19. Desta vez, o evento volveu ter lugar ao carón dun muíño de aceite tradicional, no que se ofrecen demostracións de moenda durante toda a xornada. Cabe sinalar que a comezos do século a produción de aceite de Quiroga estaba cifrada nos 9.000 litros pero co paso dos anos aumentou tanto o número de plantacións como de litros producidos. 

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...