HomesociedadeJulio Álvarez: "A cantidade e calidade do viño da Ribeira Sacra está...

Julio Álvarez: “A cantidade e calidade do viño da Ribeira Sacra está na subzona de Quiroga-Bibei”

Unha vez rematada a Mostra do Aceite, Quiroga retoma a organización da Feira do Viño que se celebrará os día 24 e 25 de xullo. A comisión organizadora traballa nunha “feira máis que festa”, pero que recolla todos os elementos que sempre configuraron a exaltación do viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización practicamente xa ten “todo controlado e organizado, pero con prudencia e respectando as normas sanitarias” como apuntou o rexedor local, Julio Álvarez. 

Precisamente a prudencia será a que marque esta celebración polo que un cambio de localización permitirá poder controlar o recinto feiral e a súa capacidade. Desde o punto de vista loxístico a praza do Auditorio Municipal sería o punto  escollido, un lugar con espacio suficiente pero permitindo controlar o aforo agora que xa se permite realizar actividades. Nesta zona estarían as casetas dos adegueiros que nesta  XXXIX edición da Feira do Viño de Quiroga xuntará por primeira vez  o viño tradicional co viño das adegas industriais da subzona Quiroga-Bibei. A rúa Real estaría aberta para os distintos postos.

En caso de que as condicións sanitarias o permitisen e todo volvese á normalidade, a feira do viño celebraríase como sempre ao longo da rúa principal da vila. Segundo matizou Julio Álvarez, “é o momento de facer unha proxección da feira diferente, dado o número de hectáreas plantadas dentro do noso territorio, sen esquecerse dos adegueiros tradicionais. Temos que empezar a falar de que a cantidade e a calidade do viño da Ribeira Sacra está na subzona Quiroga-Bibei”, matizou.

Tampouco faltará o pregón nesta edición, “será o momento no que un gran profesional do viño nos honre coa súa presenza e coas súas verbas”.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...