HomesociedadeO Presidente supervisa a mellora da estrada de Monforte a Currelos

O Presidente supervisa a mellora da estrada de Monforte a Currelos

As obras na estrada de Monforte a Currelos terán unha importante repercusión na mellora da seguridade viaria e na comodidade dos condutores ao tratarse dunha ruta moi utilizada polos veciños e veciñas destes dous concellos da zona sur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou as obras de mellora que a institución está acometendo na estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao. Nesta vía, a entidade fará un investimento superior aos 400.500€ nun total de 8 quilómetros, entre os traballos que están a día de hoxe en marcha, os xa acometidos e os que están en proceso de licitación.

A Deputación de Lugo xa acometeu a renovación do firme desta estrada entre o quilómetro 2,6 e 4,4 cun orzamento de 104.000€; ten en execución nestes momentos traballos no treito que vai do quilómetro 4,4 ao 6,8 cun investimento de 133.100€; e sacou a licitación por 163.404,35€ un proxecto para acondicionar o treito que discorre entre o punto quilométrico 6,9 e o 10,4.

O Presidente subliñou que “a rede de estradas provinciais é unha das liñas de actuación prioritarias deste goberno á que dedicamos 16M€ neste ano”. “A mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”, asegurou o mandatario provincial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...