HomesociedadeArte efémera en Sarria

Arte efémera en Sarria

Dende o domingo loce unha fermosa alfombra coa Cruz de Santiago onde a Igrexa de San Salvador feita grazas ao traballo de deseñadores, voluntarios, donantes de material e flores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal como nos avanzaba días atrás Hernando Caldeiro, o motivo floral para este ano no Corpus Christi era o Ano Santo, co cal decidiron facer unha alfombra coa Cruz de Santiago.

Puxéronse mans á obra o sábado 5 de xuño ás 17:00 h. e remataron ás 24:00 h. Segundo nos conta Caldeiro, un dos deseñadores, “a participación foi boa para facer só unha alfombra pero se houbese que facer todas as que se fan outros anos non sería suficiente”.

Igrexa de San Salvador e o mosaico floral aos seus pés. Foto: Alfombristas de Sarria

Este ano, do mesmo xeito que o pasado, optouse por facer unha alfombra de xeito testemuñal porque as circunstancias non permitían cumprir coa tradición. En condicións normais as alfombras fanse na Rúa Maior, da Igrexa de San Salvador ata a Igrexa de Santa Mariña, uns 200 metros de lonxitude, e a maiores 2 tapices diante de cada unha delas.

O Concello de Sarria convida a ver esta obra de arte mentres sexa posible e felicita a toda a xente que participou de diferentes formas na elaboración do mosaico floral. Así mesmo, lembra que o vindeiro sábado chegarán á vila alfombristas de Ponteareas para facer unha alfombra deseñada “por e para Sarria”.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...