HomesociedadeMonforte investirá case medio millón de euros na mellora de vías urbanas...

Monforte investirá case medio millón de euros na mellora de vías urbanas e rurais

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a coñecer este mércores, 10 novos proxectos de mellora de rúas, vías e camiños, tanto urbanos como rurais, do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A realización dos 10 proxectos supón un investimento de case medio millón de euros, en concreto, 457.653,31 euros. As actuacións comprenden a renovación do firme, a colocación de sinalización, e o pintado das correspondentes sinais viarias, e está previsto que se vaian poñendo en marcha nas vindeiras semanas.

No ámbito urbano, as actuacións de mellora levaranse a cabo na zona de vivendas do Val de Lemos, na vía principal de Rioseco, na parte baixa da rúa Corredoira e na rúa Concepción Arenal. Nestes dous últimos casos, as obras suporán a renovación de todas as rúas tanto do barrio do Hospital, como do barrio da Estación, levadas a cabo durante o mandato deste Alcalde.

No eido rural, as obras desenvolveranse nos camiños entre Morade Grande e A Pena, na estrada entre Gándaras (Vilamarín) e Morade Grande, na vía situada entre Vilamarín e a estrada de Rozavales, no Camiño As Fontes-Reigada, en diversas vías de Ribasaltas, e en todas as vías principais da parroquia de Distriz. Finalmente, na parroquia de Piñeira, acometeranse as melloras nos camiños municipais de A Barxela, O Carballo e a zona de As Bodegas.

Actuacións de mellora en rúas urbanas

  • Vías municipais situadas na zona das Vivendas Val de Lemos: levarase a cabo a rexeneración do seu firme, sobre unha lonxitude de 725 metros de rúas. Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 59.604,07 euros.
  • En Rioseco, acometerase a mellora da vía principal, dende o enlace coa vía Chamoso Lamas ata a pista do Canal, que da acceso a “Hormigones La Estrella” sobre unha lonxitude de 740 metros, cun orzamento de 30.301,46 euros.
  • Actuacións de mellora un tramo da rúa Corredoira, en concreto o tramo que vai dende o inicio da mesma, na rúa Santa Clara, ata o seu encontro coa rúa Irmáns da Pena, xusto antes do acceso ó recinto do Hospital Comarcal, actuando sobre unha lonxitude aproximada de 290 metros, cunha inversión de 47.383,39 euros. 
  • Rúa Concepción Arenal, sobre unha lonxitude aproximada de 235 metros, dende a plazuela da Estación ata a rúa Morín. A mellora do seu firme suporá un investimento de 23.554,07 euros. 

Obras de mellora en vías e camiños rurais

As actuacións que se desenvolverán no eido das parroquias de Monforte abarcan 6 proxectos de mellora:

-O primeiro dos proxectos no eido rural, ten que ver coa mellora de pistas no perímetro rural de Monforte. Concretamente os camiños e vías locais que se van mellorar son os correspondentes a catro zonas:

  • Camiño entre Morade Grande e A Pena, entre as parroquias de A Penela e Vilamarín, cunha actuación sobre o firme de 1.990 metros.
  • Estrada entre Gándaras (Vilamarín) e Morade Grande, sobre 575 metros.
  • A vía situada entre Vilamarín e a estrada de Rozavales, en 965 metros.
  • E o Camiño As Fontes-Reigada, sobre 1.760 metros de vía.

En total, as pistas que se inclúen neste proxecto, que todas elas forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte, suman unha actuación de 5,29 quilómetros, e vai supoñer unha mellora importante nas parroquias afectadas. Para esta actuación en vías rurais de titularidade municipal, a inversión é de 72.048,24 euros.

-O segundo dos proxectos levarase a cabo na parroquia de Ribasaltas, no que se acometerá a rexeneración do firme duns tramos de varias vías desta parroquia, cunha extensión total de 835 metros, e destinamos unha inversión para elo de 45.199,54 euros. Nestas melloras, destaca o arranxo da vía principal, que vai dende o paso inferior ata onde rematan as casas na pista do Canal.

-Outros dos camiños que se van ver mellorados son os correspondentes á parroquia de Distriz, para o cal destinarase un orzamento de 93.629,06 €, que servirá para mellorar 1.548 metros de vías. Serán, neste caso, todas as principais pistas desta parroquia, cunha inversión certamente importante, de preto de 100.000 euros.

-Finalmente, na parroquia de Piñeira cun investimento de 85.933,48 euros, abordarase:

  • A mellora do camiño municipal en A Barxela, cunha inversión de 21.199,51 euros para mellorar 210 metros de vía.
  • A renovación do camiño municipal en O Carballo, que require dun investimento de 43.702,70 euros nun tramo de 975 metros.
  • E a mellora do camiño municipal situado na zona de As Bodegas, entre a igrexa e o local social que leva asignada unha inversión de 21.031,27 euros.

ÚLTIMAS

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...