HomesociedadeEn marcha a mellora da estrada Fontela-desvío Mourelos no Saviñao

En marcha a mellora da estrada Fontela-desvío Mourelos no Saviñao

A institución provincial acomete con medios propios os traballos, valorados nuns 30.000€, nun treito dun quilómetro da vía, moi utilizada por residentes e visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e outros membros do equipo de goberno da Deputación Provincial mantiveron un encontro o pasado mércores, 2 de xuño, coa veciñanza desta zona na que se comprometían a iniciar de inmediato a renovación dun treito de preto de un quilómetro da estrada, e esta semana comezaron as obras, que están valoradas nuns 30.000€.

Os traballos para a rexeneración integral deste tramo da vía quedarán rematados nos vindeiros días. A institución provincial acomete con medios propios estas obras, que consisten na emulsión dun triplo rego asfáltico e que se están a realizar cos medios do Parque Móbil, dependente da área de Xestión Territorial da Deputación. Estes labores eran moi demandados polos veciños e veciñas do Saviñao e terán unha repercusión importante na mellora da seguridade viaria e na comodidade dos condutores  ao tratarse dunha ruta moi utilizada polos residentes e visitantes.

Esta vía dá servizo á Ribeira do Saviñao, concretamente ás parroquias de Diomondi, Fión e Mourelos, que son o acceso a unha zona de viñedos e forman parte da contorna do Camiño de Inverno.

O Presidente subliñou que a mellora da rede de estradas provinciais “é unha das liñas de actuación prioritarias deste goberno á que dedicamos 16M€ neste ano”. Tamén asegurou que “a mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para favorecer a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...