Homesociedade660.000 euros para os novos viveiros de empresas en Paradela, Monforte e...

660.000 euros para os novos viveiros de empresas en Paradela, Monforte e Bóveda

En Paradela a Xunta destina 240.000 euros a apoiar a reforma e equipamento interior do recinto, que está distribuído en cinco departamentos repartidos en dúas plantas. Os locais son susceptibles de xestión independente e as súas dimensións van dos 173 aos 373 metros cadrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case 900.000 euros para impulsar catro viveiros de empresas nos concellos de Paradela, O Corgo, Monforte de Lemos e Bóveda. 

Así o anunciou este xoves, 10 de xuño, o delegado territorial da Xunta Lugo, Javier Arias, no transcurso dunha visita  ao polígono de Paradela acompañado polo alcalde, José Manuel Mato, para coñecer a nave que acondicionará o Concello co fin de que novos emprendedores se asenten neste municipio.

O obxecto é crear espazos funcionais que conten con moita superficie diáfana e dispoñan de  recepción, vestiarios e aseos, entre outros servizos, para ofertalos a novas firmas que dean os seus primeiros pasos neste polígono.

“Esta medida da Xunta busca apoiar aos novos empresarios nas etapas iniciais da súa actividade”, sinalou Arias, quen explicou que as achegas cubren ata o 80% do investimento cun límite 240.000 euros por solicitude, co fin de financiar actuacións de construción, reforma ou equipamento interior de naves industriais realizadas polos concellos. En canto aos demais municipios lucenses beneficiarios nesta convocatoria, O Corgo percibe 240.000 euros, Monforte de Lemos 197.900 euros e Bóveda 192.000 euros.

O Goberno galego promove outros programas de axudas dirixidos a entidadades locais para financiar actuacións de mellora nos polígonos industriais co fin de aumentar a súa competitividade, como a liña para acondicionar e modernizar infraestruturas nestas áreas.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...