HomesociedadeFinca Míllara, en Pantón, unha adega que prima a excelencia

Finca Míllara, en Pantón, unha adega que prima a excelencia

Vén de presentar un espazo gourmet e a súa próxima expansión nos mercados nacional e internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Semanas atrás, e coa asistencia de Jose Luis Álvarez, alcalde de Pantón, Luis Guitián, alcalde de Sober e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e Alexandra Seara, xerente deste mesmo organismo, a adega Finca Míllara organizaba un percorrido polas súas instalacións e unha cata.

Na cata de viño interviron Cuco Luna, enólogo residente, e Julio Mourelle, un novo enólogo recén incorporado á adega pantonesa. Este último, que chega avalado pola súa contrastada experiencia e asesoramento en adegas internacionais e nacionais, destacou na súa intervención as características dos caldos de Finca Míllara, a singularidade da adega e a proxección nacional e internacional que lle espera.

Luis Guitián, Alexandra Seara e José Luis Álvarez. Foto: F. M.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, afirmou que iniciativas como estas potencian os concellos da Ribeira Sacra e Luis Guitián, alcalde de Sober e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, destacou que malia os tempos difíciles que toca vivir, “a forza da natureza desta contorna chea de vida e riqueza imporá un desenvolvemento e crecemento global para toda a Ribeira Sacra”.

MELLORAS E PROXECTOS

Finca Míllara presentaba así a restauración de novos espazos —espazo gourmet— para poñer en valor o marco medioambiental incomparable no que se localiza, na aldea recuperada da Míllara no canón do río Miño, e os excelentes viños que se cultivan neste enclave co viñedo disposto en bancais.

Espazo gourmet de Finca Míllara. Foto: F. M.

A excelencia e o detalle son dúas razóns de ser da marca, que xa forma parte de ‘Galicia Calidade, e que acadou numerosos premios e unha calificación de 91 puntos na guía Parker. Outra das estratexias a futuro é a expansión nacional e internacional.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...