HomesociedadeAlerta laranxa na montaña e na zona de Lemos por fortes treboadas...

Alerta laranxa na montaña e na zona de Lemos por fortes treboadas e saraiba

Agárdanse precipitacións acumulada nunha hora de 30 mm e localmente sarabia e refachos moi fortes de vento.

Publicado o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por treboadas e choivas nas provincias de Ourense e Lugo.

Segundo informou este mércores a Vicepresidencia da Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por treboadas e choiva que afectará o centro, montaña e sur da provincia de Lugo.

Tamén afectará o sur, á montaña e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense. En ambas as áreas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm e localmente sarabia e refachos moi fortes de vento.

AMARELA

Así mesmo, actívase alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense, así como no noroeste de Ourense, que tamén empezarán a partir das 12,00 horas.

Nestas zonas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm e localmente sarabia e refachos moi fortes de vento, concreta a Xunta.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...