IniciosociedadeA regularización catastral obriga a Folgoso do Courel a aprobar un suplemento...

A regularización catastral obriga a Folgoso do Courel a aprobar un suplemento de crédito

O Concello de Folgoso do Courel aprobou unha modificación do Orzamento municipal a través dun suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería por importe de 207.587 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o equipo de goberno que esta modificación do Orzamento para 2021 vén motivada pola minoración dos ingresos como consecuencia da liquidación definitiva da participación municipal en tributos do Estado do exercicio 2018, “que obriga a facer unha devolución de 90.459 euros. Tendo en conta ademais o importe a reintegrar pola diferenza entre as entregas á conta no exercicio de 2018 como consecuencia da liquidación definitiva e que se descontan con carácter trimestral, o Concello de Folgoso do Courel ingresará 171.900 euros no exercicio de 2021, fronte aos 266.728 euros  previstos, é dicir case 100.000 menos.”

Por outro lado, con carácter mensual, o Concello pasa de ingresar 22.227,38 euros no ano 2020 aos actuais 14.325,07 euros, ao que hai que restar 3.581,27 euros, cada mes, reintegrables, polo que, nesas mensualidades o importe a percibir é de 10.743,80 euros.

A rexedora explica que o motivo principal do descenso do importe de Participación en Tributos do Estado do Concello radica no incremento da base impoñible do IBI urbana, “como consecuencia da regularización catastral producida no exercicio 2016, non no descenso de poboación.”

Lola Castro remarca que “estamos ante una penalización que resulta totalmente inxusta xa que o incremento da base impoñible do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana é unha decisión que no lle compete aos concellos, posto que se constitúe polo valor catastral dos inmobles, polo que non ten sentido que agora nos vexamos prexudicados por elo”.

Destino do suplemento de crédito

O Concello de Folgoso do Courel realiza esta modificación de crédito para afrontar a parte correspondente ao Concello que permita levar a cabo actuacións que contan con axudas doutras administracións, convenios a piques de asinar, así como para ter fondos para partidas culturais, turísticas e para obras. O crédito irá destinado a :

  • Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de climatización do albergue de Folgoso do Courel.
  • Renovación de instalacións de iluminación exterior no municipio.
  • Talleres duais de emprego.
  • Tres traballadores de Aprol Rural.
  • Obras da área recreativa de Mogoxe.
  • Campo de traballo para a limpeza do Castro de Vilar.
  • Actividades culturais e deportivas e de fomento do deporte, como o acondicionamento de itinerarios permanentes para a práctica do Trail Running.
  • Investimentos en redes de sumidoiros, abastecemento de auga, camiños veciñais e reposición de infraestruturas, entre outros.

O Goberno local levará unha iniciativa ao vindeiro Pleno da Corporación municipal para que o Estado reconsidere esta medida que ven “inxusta”.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...