HomesociedadeTécnicos da Evega asesoran en Chantada aos viticultores afectados polo pedrazo

Técnicos da Evega asesoran en Chantada aos viticultores afectados polo pedrazo

A Xunta despraza este venres a técnicos da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (Evega) a Chantada para asesorar -en coordinación co persoal das Oficinas agrarias comarcais (OAC)- aos viticultores afectados pola treboada de pedrazo rexistrada onte. Así o dixo o conselleiro do Medio Rural, José González, que este xoves comprobaba de primeira man os danos causados pola sarabia neste concello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os profesionais da Evega encargaranse de orientar aos produtores prexudicados sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade e sobre as prácticas máis aconsellables, co obxecto de minimizar as perdas. 

Onte técnicos da Consellería do Medio Rural fixeron un primeiro percorrido pola zona e constataron que nunha superficie de preto de 60 hectáreas da parroquia de San Fiz as vides quedaron sen follas nin acios e que tamén houbo afeccións, aínda que en menor medida, nas parroquias de Pesqueiras e Líncora, en Chantada, e nas de Rebordaos e Diomondi, no concello veciño do Saviñao. Con todo, o conselleiro apuntou que haberá que agardar uns días máis para que se manifesten o total dos estragos.

Sarabia Chantada xuño 2021

Os viticultores contan co teléfono 982 889 112, correspondente á OAC de Monforte, para que os produtores e adegueiros afectados poidan resolver dúbidas e solicitar asesoramento, recalcando que dito número estará activo tamén durante a vindeira fin de semana. 

O conselleiro insistiu na necesidade de asegurar os cultivos fronte a incidencias deste tipo, lembrando que os danos en explotacións debido a fenómenos meteorolóxicos extraordinarios están cubertos polas pólizas agrarias. Así, coas axudas da Xunta para impulsar a contratación destes seguros -engadiu- perséguese que os produtores poidan obter rendas dignas malia sucesos como o de onte, aportando estabilidade á xestión das súas explotacións.

ÚLTIMAS

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...