HomesociedadeLuz verde para a ocupación dos terreos do cemiterio municipal de Quiroga

Luz verde para a ocupación dos terreos do cemiterio municipal de Quiroga

O Consello da Xunta aproba o decreto polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de Construción do cemiterio municipal de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga solicitara á Xunta de Galicia a ocupación dos terreos pola vía de urxencia, tras publicarse  no Boletín Oficial da Provincia o acordo adoptado polo pleno da corporación e cumpridos os prazos para presentar posibles alegacións.

Para a súa construción será precisa a ocupación de 3.647 metros cadrados de superficie e investir preto de 560.000 €. A maiores urbanizarase unha nova rúa que dará servizo ao cemiterio e unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil, que alcanzará un presuposto de 200.000 euros. Trátase,  segundo recalcou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, dunha obra moi importante e cun investimento total que superará os  700.000 €. 

As previsións municipais son que na sesión plenaria de finais deste mes ademais de dar conta da autorización da ocupación dos terreos, se poida aprobar a ordenanza, o estudo de viabilidade e a contratación e xestión desta infraestrutura e en setembro arrancar as obras”.

A decisión de construír primeiro cemiterio de carácter municipal vén pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. A lei de competencias municipais di que é obrigación dos concellos dispoñer dun terreo mortuorio, polo que o concello deberá realizar esta obra.

O proxecto do novo recinto, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.036 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. E incluso se traballa na posibilidade de reservar un espazo para o enterramento de mascotas.

Dende o novo recinto crearase unha rúa en diagonal e unha serie de rúas que facilitarán o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo. Aínda que o novo cemiterio estará unido ao actual, o anterior seguirá sendo de carácter eclesiástico e o novo será municipal, polo que o seu terreo será tamén da súa propiedade. 

Para o seu bo funcionamento levouse a cabo un acordo co Bispado de Lugo para que o concello se encargue do mantemento dos dous e a Igrexa será quen se encargue da documentación en canto a asentamentos e rexistros tamén dos dous. 

ÚLTIMAS

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...

Experiencia INCIBE aberta ao público no pabillón do IES A Pinguela, os días 4 e 5 de outubro

Con esta actividade, o Instituto Nacional de Ciberseguridade pretende acercar ó alumnado do IES...