HomesociedadeA Xunta renovará o firme da estrada entre A Pobra do Brollón...

A Xunta renovará o firme da estrada entre A Pobra do Brollón e Hospital do Incio

O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro asegura que a Xunta ten previsto realizar unha mellora integral do firme na estrada LU-653 entre A Pobra do Brollón e Hospital do Incio, que se engadirá ás obras de rexeneración puntual que está a realizar nesta estrada por un importe de 125.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Balseiro recoñeceu que “o estado do pavimento desta estrada na actualidade non é bo, motivado principalmente polas duras condicións meteorolóxicas que padece, sobre todo no inverno, que dan lugar a fochancas, fisuras e peladuras no seu firme”. 

O deputado popular lembrou que a Xunta “está a realizar neste mes de xuño obras de rexeneración do firme da LU-653 para a reparación de todos os tramos deteriorados, así como o arranxo do muro de acompañamento da ponte sobre o río Cabe”. 

“Pero, ademais, a Xunta ten previsto acometer unha actuación de conservación extraordinaria nesta estrada, que permitirá dotala dun pavimento de mesturas asfálticas en quente”, indicou.

José Manuel Balseiro contrapuxo estas actuación realizadas pola Xunta nas estradas da súa competencia “coa lamentable situación na que se atopan as estradas competencia da Deputación de Lugo, moito peor e que non preocupa nin ao PSdeG nin ao BNG”.

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...