Iniciosociedade"Eiquí Eólicos Non" quere que o pleno de Folgoso do Courel rexeite...

“Eiquí Eólicos Non” quere que o pleno de Folgoso do Courel rexeite os parques eólicos proxectados

Os dous parques eólicos localízanse no Bierzo oeste, e varios dos muíños sitúanse a algúns metros de Folgoso do Courel). A plataforma cre que agora é un momento crucial para presentar alegacións e impedir que estes parques eólicos consigan o permiso para seren construídos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma “Eiqui Eólicos Non” segue amosando a súa preocupación pola  instalación de varios parques eólicos nos que a comarca do Bierzo e a comarca de Quiroga (entre outras) se ven seriamente ameazadas por proxectos eólicos de diferentes grupos empresariais. “Temos unha especial preocupación polo megaparque denominado “PARQUE EÓLICO BARJAS” (constituído por 22 aeroxeradores de mais de 200 metros de altura) e polo “PARQUE EÓLICO DE BUSMAYOR” (expediente Peol-481), situado a carón do anterior e constituído por 11  aeroxeradores, con muíños de mais de 200 metros.”

Eiquí Eólicos Non considera que o desenvolvemento na zona do turismo verde vaise ver seriamente afectado, xa que os aeroxeradores son absolutamente incompatibles coas actividades económicas derivadas do turismo rural. “Estase a pór en risco un dos motores con máis futuro do noso Concello e mailas súas actividades asociadas, como poden ser o sector do mel ou o agro-gandeiro en xeral. Dos centos de postos de traballo prometidos pola promotora do parque eólico durante a  fase de construción, sabemos que van ser ocupados por escasa man de obra local.Os beneficios económicos para a veciñanza van ser case inexistentes,” sinalan.

A plataforma solicita que se inclúa na orden do día do próximo pleno de Folgoso do Courel a discusión sobre a problemática da  instalación de parques eólicos no concello e que se recolla en acta un acordo de rexeitamento do Pleno aos diferentes parques eólicos proxectados

Eiquí Eólicos Non fai un chamamento á alcaldesa, Lola Castro, “para que reflexione, para que cavile ao respecto e tome a decisión correcta para o futuro das nosas xentes e da nosa vila: para que loite polo presente e polo futuro do noso Concello.”

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...