IniciosociedadeA Torre da Homenaxe en vermello contra o uso indebido e o...

A Torre da Homenaxe en vermello contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas

Este sábado, 26 de xuño, ilumínase a Torre da Homenaxe de cor vermella con motivo do Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, unha iniciativa levada a cabo polo Concello en colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O consumo e a distribución de drogas ilegais é unha problemática global, con graves repercusións na saúde e benestar das persoas. A nivel mundial a incursión de drogas ilegais logrou traspasar fronteiras con niveis alarmantes, afectando a seguridade e o desenvolvemento sostible das nacións. A loita contra este flagelo persiste, contando co apoio de Organizacións, Fundacións e Estados Membros.

A ONU aprobou no ano 1987 unha resolución para conmemorar este día, para alcanzar unha sociedade libre do abuso e tráfico ilícito de drogas, propiciar o fortalecemento da cooperación internacional e xerar políticas que contrarresten a influencia do mercado ilegal de substancias ilícitas. 

O lema conmemorativo neste ano 2021 é “Falemos de drogas,a información salva vidas”. Un lema que convida a todas as persoas, os axentes sociais e os gobernos para deixar de lado o tabú que xeran estes temas, e falar abertamente sobre as drogas, sobre todo cos mozos, que son os que están máis expostos a este perigo.

A loita contra as drogas sempre estivo infestada de información errónea, e isto é un inconveniente para poder atallar o problema. Trátase de mellorar a comprensión do problema mundial para poder cooperar e avanzar na solución.

Baixo este lema, o obxectivo é combater a desinformación. “Debemos tratar e compartir alto e claro os feitos reais sobre as drogas. É fundamental coñecer os riscos que teñen para a saúde dos nosos veciños e veciñas, e buscar as solucións para abordar o problema das drogas, desde a prevención, o tratamento e a atención baseados en probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas” sinala o Alcalde. 

A pandemia por COVID-19 xerou unha conciencia pública sen precedentes sobre a saúde e sobre as medidas de protección para manterse saudable. O que é aínda máis importante, xerouse unha conciencia da necesidade de protexernos mutuamente. Hai un crecente sentimento de comunidade e solidariedade mundiais, así como un desexo común de garantir a atención sanitaria para todas as persoas. 

O Alcalde conclúe destacando que “o Día Mundial das Drogas é un día para compartir achados de investigación, datos baseados na evidencia e información verídica que salve vidas. Debemos manter o espírito común de solidariedade, reinante durante esta crise mundial sanitaria. A campaña deste ano convídanos a participar, a posicionarnos firmemente contra a desinformación e as fontes pouco fiables. Todo o mundo debe comprometerse a distribuír só datos reais sobre as drogas apoiados pola ciencia, e a salvar vidas”. 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...