Iniciosociedade“Nunha ocasión tiven que soldar unha cama un 24 de Nadal”, José...

“Nunha ocasión tiven que soldar unha cama un 24 de Nadal”, José Ángel, artesán do ferro

Esta é unha das anécdotas que conta José Ángel, responsable da Carpintería Metálica Pontón, no Concello de Pantón. Pero hai máis e ben curiosas...

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

Jose Ángel naceu e vive en Ferreiroá, na parroquia de San Xulián de Eiré, no Concello de Pantón. Ten 43 anos e dedícase á carpintería metálica dende hai vinte e sete anos.

Tendo catorce anos, ao rematar EXB, non quixo estudar máis e conta que influíu tamén o feito de ter que axudar na casa. Con case 16 anos foi traballar de albanel co seu pai e un compañeiro seu pero pasada unha semana deixouno. Nesa semana coincidiu con xente da soldadura na obra e quedou coa copla. Despois, estivo uns meses na casa e cando soubo que un taller de Monforte de Lemos buscaba pinche, alá se foi el e mais súa nai.

Cando comezou co negocio?

Co negocio comecei no 2005.

De onde procede o nome de Pontón?

O nome de Pontón procede de meu avó.

O traballo máis raro que fixo?

Traballos raros, moitos. Soldar unha cama un 24 de Nadal, por exemplo, ou fabricar obxectos peculiares como unha alza para o párroco para dar a misa… e ninguén ou pouca  xente o sabía…

“Traballos raros, moitos. Soldar unha cama un 24 de Nadal, por exemplo”

Cales son os traballos que máis ten no seu día a día?

Os traballos do día a día son portas, rexas, tellados… e despois moitos arranxos, reformas, o típico, vaia!

O seu traballo vémolo moitas veces en polígonos industriais pero, ao  atoparse nunha aldea, que vantaxes observa de facelo nun lugar coma Ferreiroá?

As vantaxes de estar en Ferreiroá son moitas, estás na túa casa, coa veciñanza e xente dos arredores. Lonxe dese mercado feroz cheo de xente que non coñeces. Xa  o vivín e non quero iso, prefiro a xente de sempre… que por vivir en Pantón teñan un veciño a quen encargarlle os traballos.

Carpintería Metálica Pontón. Foto: José Ángel

Falamos dos encargos que máis demandan pero que outros traballos pode realizar tamén para un posible cliente?

Os típicos que fai calquera ferreiro.

“… un cliente que me dixo que cando falecera, me venderan a furgoneta os seus familiares. Por desgraza iso cumpriuse.”

Sabemos que no rural ás veces hai anécdotas de veciños que veñen un domingo ou que veñen traer unha ducia de ovos. Cóntenos algunha curiosa que tivera.

Anécdotas cos clientes moitas e moi variadas. Tráenche laranxas, viño, este o que máis, invitarte a comer ou a cear e chegar as doce á casa algo borracho (risas). Ou un cliente que me dixo que cando falecera, me venderan a furgoneta os seus familiares. Por desgraza iso cumpriuse.

Coma artesán do ferro xa tivo que facer algún encargo especial para algún elemento patrimonial coma un pazo?

Traballar para pazos, iso moito, xunto a carpinteiros ou fontaneiros. O que máis me chocou foi o Castelo de Maside, coñézoo de arriba abaixo, e cada vez que vou, vexo algo novo. Tamén teño traballado no cenobio de San Pedro de Rocas en Ourense, alí fun botarlle unha man a Alfredo e Sindo de Bulso, compañeiros meus de profesión, a facer uns arranxos para a gravación da película de Dani de la Torre.

Un traballo de Carpintería Metálica Pontón

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...